Level 1st (curso 1º)
Tuesday 24th, March
Ola, nenas e nenos de 1º curso! Estades ben? Con ganas de ir facendo algunhas das actividades deste blog? Espero que si :-)
Como normalmente non levades traballo de inglés para a casa, non tedes os libros nin os cadernos.
A partir de agora irei deixando aquí algunhas propostas de actividades moi sinxelas como reforzo dos contidos traballados na clase (especialmente de ecoita), para que as vaiades realizando de xeito voluntario e ao ritmo que poidades cada un de vós. Se tedes algunha persoana casa que vos axude ou guíe, mellor. Se non, non vos preocupedes. Ánimo!!!
Hoxe martes tocaba INGLÉS na 5ª sesión. Na unidade 4 estabamos vendo os nomes dalgúns alimentos. Lembrades? Para empezar a repasar, podedes escoitar estes vídeos. Espero que vos gusten.
- Click and listen to the videos:
Learn food vocabulary
Song fruit
- Now, read the names of food:
MILK - CHEESE - HAM - SAUSAGES - CARROTS -
PEAS - POTATOES - EGGS
- Finally, draw your favourite food and write the name:
Welldone!
Bye-Bye!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.