Saturday 4th, April, 2020
Easter holiday
Hello everyone!
Ola a todos, alumnos/as e familias! Espero que todos/as vos atopedes ben. 😀😀😀
Hoxe sábado comenza oficialmente a semana de vacacións de Pascua. Este ano non imos poder organizar plans moi diferentes aos días anteriores. Ben me dou conta de que a situación que nos toca vivir non é nada agradable, pero xa sabedes: #quedanacasa é o noso deber agora.
Podería dicirvos varias cousas para intentar animarvos, pero mellor resumo: cada día que nos levantamos e abrimos as ventás para ventilar e respirar aire puro, temos que pensar que xa queda un día menos para poder abrir a porta e saír fóra a camiñar, correr, xogar, andar en bici, ver aos amigos...
De momento, aproveitade para desfrutar das actividades e momentos en familia, o máis importante que temos. Moito ánimo a todos/as!!!😅😅😅
Coméntovos tamén que crei unha conta de correo electrónico para a aula de inglés, co fin de que poidamos comunicarnos mentres dure esta situación. Calquera dúbida que vos xurda con respecto ás actividades do blog de Inglés, podedes preguntar e intentarei aclararvos ou axudarvos.
auladeinglesprado@gmail.com
Déixovos uns enlaces á páxina web de Macmillan con actividades interactivas a modo de xogos para os diferentes niveis de aprendizaxe.
Xa sabedes que son voluntarias, pero é conveniente continuar realizando algunha tarefa para non perder o ritmo do traballo e non esquecer parte do adquirido previamente durante o curso. De paso, tamén vos axuda a estar un pouco máis ocupados e entretidos. Como sempre vos digo a todos os alumnos/as, a competencia que máis necesitamos traballar e reforzar en lingua extranxeira é a escoita (listening).
Coidádevos moito e pasádeo ben!
Un abrazo a tod@s!😀😄
Precisades a axuda dun familiar (adulto) para rexistrarvos. É moi sinxelo, aquí vos explico os pasos.
1º- Pincha en Macmillan Pupil's Corner
-Dentro desta páxina, pincha en MATERIAL EXTRA
2º- Agora aparece Registro
-Aquí escribes os teus datos persoais, opción(pai/titor), correo electrónico e contrasinal (do adulto/a).
-Pinchas en Registrarme cando remates.
3º- Agora aparece Login the Usuaruios
- Aquí volves escribir o teu correo electrónico e o contrasinal.
-Pinchas en Ir a descargas cando remates.
4º- Agora xa podes ver os arquivos
- Pinchas en Bugs World (2ª fila) (tamén permiten abrir Findout e Footprints)
-Aquí podes visualizar os CD-ROMs para 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
- Elixe, pincha e escribe:
Username= macmillancds
Password= macmillan
Xa podes empezar a xogar!
- En E. Infantil, seguir o mesmo proceso e pinchar no arquivo Discover with Dex para escoitar as cancións.
- Unha vez rexistrados, se queredes elexir outro arquivo, xa entrades directamente en Login
(na práctica é bastante máis sinxelo)😉
- E para finalizar, unhas propostas musicais.
If you are happy
Surprise eggs
The alphabet. Bob Train
Five little ducks
Five little monkeys
Five little speckled frogs
Incy Wincy Spider
Head, shoulders, knees and toes
Baby shark
What a wonderful world
What a wonderful world
We are the children
Don't worry, be happy
Here comes the sun
kids for saving earth promise song
Happier
We'll continue after holidays.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.