jueves, 16 de abril de 2020

3 years old (3 anos)

Thursday 16th, April, 2020


Hello again!
How are you today? 


Ola nenos e nenas! Benvidos de novo! Espero que vos atopedes ben e que sigades con moito ánimo. Aínda que non puidestes saír nestes días de Semana Santa, seguro que descubristes outros xeitos de pasar o tempo e divertirvos coa axuda das vosas familias. Pola miña parte, envíovos moita forza a tod@s para continuar  traballando e desfrutando desta etapa.
De momento, cada día seguireivos propoñendo algunhas actividades de reforzo  para que as vaiades facendo de xeito voluntario e ao ritmo que poidades. Recórdovos que tedes  á vosa disposición (das vosas familias) a conta de correo  auladeinglesprado@gmail.com  para poder aclararvos as dúbidas que vos vaian xurdindo cando intentedes realizar as actividades deste blog.


  • First, watch and listen to the story of Elmer:
     (Para empezar escoita este vídeo sobre a historia de Elmer. Estabamos traballando con este conto cando remataron as clases. Lembrades? 


 Elmer the elephant

  • Now, you can colour this drawing of Elmer.
      (Agora  colorea este debuxo de Elmer. Xa sabes que podes pinchar sobre o debuxo, copiar e pegar noutro folio en branco no teu ordenador. Despois xa  podes amplialo e imprimilo.) 


  • Finally, listen to the song
      (Para terminar, escoita esta canción)


Elmer the elephant song 
(hokey pokey)


Enjoy!
(Desfrutade!) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.